A Agenda 21 da cultura é o primeiro documento, con vocación mundial, que aposta por estabelecer as bases dun compromiso das cidades e dos gobernos locais para o desenvolvemento cultural.

A Agenda 21da cultura foi aprobada por cidades e gobernos locais de todo o mundo comprometidos cos dereitos humanos, a diversidade cultural, a sostibilidade, a democracia participativa e a xeración de condicións para a paz.

 

A súa aprobación produciuse o 8 de maio 2004 en Barcelona, polo IV Foro de Autoridades Locais para a Inclusión Social de Porto Alegre, no marco do primeiro Foro Universal das Culturas.

 
A organización mundial Cidades e Gobernos Locais Unidos (CGLU) adoptou a Agenda 21 da cultura como documento de referencia dos seus programas de cultura, e asumiu un papel de coordinación do proceso posterior á súa aprobación. O Grupo de Traballo en Cultura de CGLU, constituído en Beijing o 9 de xuño 2005, é o punto de encontro de cidades, gobernos locais e redes que sitúan a cultura no centro dos seus procesos de desenvolvemento.
Un crecente número de cidades e gobernos locais do mundo enteiro aprobou a Agenda 21 da cultura nas súas instancias de goberno. O proceso suscitou o interese das organizacións internacionais, os gobernos nacionais e mais a sociedade civil.
logo ga colabora1 home

Traducción do texto :
Servizo de Normalización Lingüística da UDC
Universidade da Coruña


iconea21c-bd-SPA